Nacida no ano 1967 Mercedes comeza a súa andaina artística no seu seno familiar ubicado en A Coruña. O seu entorno máis achegado comparte a inevitable diglosia entre o castelán e o galego , non en tanto das visitas á súa aldea Oza Dos Rios, sobre todo a través dos seus avós maternos Antón e Carmen, galego-falantes ( con casa tradicional, coa súa lareira, e cun imaxinario pleno e latente , fermoso e armónico con todo o que lles rodea) aprende a amar o que é de seu , o galego .Este estado de consciencia será dende moi nova unha constante no seu pensamento e comportamento , e xa dende a súa etapa de estudante manterá un criterio enfrontando ás contradicións e programacións sociais impostas dende a súa condición de muller e de galega .
Aos 13 anos, escoitará a interpretación de dúas mulleres na Costa Da Morte , o tocar da pandeireta e o cantar da riberana serán o detonante para que comeze a recoller canta cantarea, baile, conto e vivenza que lle quixeran transmitir as xentes das aldeas. Os seus pilares éticos, morais e reivindicativos foron afianzandose en base a miles de experiencias transmitidas por esas persoas marabillosas, que nin tan sequera sabían o que tiñan entre mans, a conexión telúrica coa terra , tan perdida en calquera recuncho de Europa.
Pertenceu ó grupo folclórico Xacarandaina, formou asociacións e grupos de nen@s para transmitirlles todo aquilo que ía recollendo polas aldeas e así paralelamente pagarse os estudos e comenzar a súa vida laboral. Adicouse ao ensino da música e baile tradicional ao longo de 17 anos da súa vida. Durante todos eses anos desenvolveu a faceta de instrumentista tratando de respetar e imitar as maneiras tanto na percusión, voces, gaitas, e danzas que ía observando , a súa aprendizaxe dende moi nova baseouse fundamentalmente en todas estas formas e o seu esforzo autodidacta
No ano 1990 decide non tocar máis e adícase só á didáctica, pero nese intre edítalle O Correo Galego unha fita coas súas performances . Danlle o premio especial do xurado e o premio á autenticidade no festival Cidade Vella de Santiago de Compostela.A partires de aí foi chamada por Os diplomáticos de Monte Alto , Xosé Mauel Budiño, Manu Chao, Alisder Fraiser, Carlos Núñez, Kepa Junquera,diversas produtoras de TV, que abraiados por eses sons tan da terra , queren contar a súa colaboura nos seus discos do momento.
As súas inquedanzas levanna a adentrarse no mundo da composición , sen pudor e coa súa visión da vida , e cun claro imaxinario xurdirán os xermolos do seu primeiro disco ISUÉ, compoñerá tamén a banda sonora da serie televisiva ? Mareas vivas . Paralelamente realiza dende esta etapa e durante oito anos , un apartado no programa Luar da TVG, onde levou ó escenario persoas de máis de 300 lugares distintos de Galicia , no que homes e mulleres expresaban o seu saber milenario , igualmente funda o selo discográfico Discotrompo , a través do cal se editan raiceiras , ruta Fol. : terra galega ? , etc . nesta fecunda etapa , dará conferencias na sorbona en París , en Escocia , Alemania , Portugal , etc ,igualmente escribe diversos artigos para diferentes publicacións tratando sobre as tradicións .
Mercedes peón foi recoñecida polo seu facer nas súas diversas facetas en innumerables ocasións :
1- "PREMIO NACIONAL DA CULTURA 2008" NO APARTADO DE MÚSICA
2- Premio Iar polo seu traballo en prol da recuperación das tradicións galegas .
3- Galega do ano 2005
4- Premio mackcallan do festival de Lorient .
5- Top dez nas listas de songline
6- Premio opinión 2005
7- Mellor artista do ano polo magazine Folkworld
8- Mellor artista de Europa na sección de World Music , por votación popular nas radios especializadas
Tras decidir deixar a TV e o ensino , e despois de pecharse un ano nos estudos de grabación , edita o seu primeiro traballo discográfico ISUÉ en decembro do 2000 co que acadará moitos recoñecementos nacionais e internacionais :
No ano 2003 edita Ajrú
No ano 2007 edita Sihá
Ao longo destes 7 anos Mercedes Peón Viaxou e participou en máis de máis de 300 festivais de distintos puntos da xeografía entre os que cómpre salientar :
-SFINKS E DRANOUTER EN BELXICA .
-LES SUDS DE MARSELLA E INTERCELTICO DE LORIENT EN FRANCIA .
- INTERCELTICO DE OPÒRTO E CANTIGAS DO MAIUO EN PORTUGAL .
- CELTIC CONNECTION E FESTIVAL DE EDIMBURGO EN ESCOCIA ..
- FESTIVAL DE MÚSICAS DO MUNDO DE XERUSALEM- ISRAEL
- STIMMEN EN SUIZA .
- Representante de Galicia no festival europeo de lenguas minoritarias nas Azores.
- Forum de Barcelona ,
- Festival de músicas do mundo de Praga .
- Festival FolC. De Ortigueira .
- La noche de las brujas de Tenerife .
- Womad .
- La mar de músicas .
- Festival de música de Jimena de la frontera .
- Parapanda de granada.
- Solplasencia
- Festival Folk. De Ainsa .
- San froilán .
- Festival intercéltico de Moaña .
- Etnohelmantica de Salamanca .
- Festival Fol. De ovieu .
- Castañeda de Cantabria .
- Senglar rock Y Fiestas de la mercé en Barcelona .
- A carballeira de zas
- enclave de músicas de Burgos .
- Mestizatge de Valencia .
-Fewlix rock .
- Festival de DENIA .
- FOLKESI DE VALLADOLID .
- MENDELABA
- FESTIVAL DE ARLES
- CELTIC CONEXION GLASGOW
PAÍSES ONDE ACTUOU :
HUNGRÍA , ESCOCIA , ESLOVENIA , UCRAINA , SUECIA , HOLANDA , BELXICA , SUIZA , ALEMANIA , ITALIA ( CÓRCEGA , ETC ) , ISRAEL , ESPAÑA , PORTUGAL , LUXEMBURGO , IRLANDA , INGLATERRA , AUSTRIA , FRANCIA , ETC .
COLABORACIÓNS CON :
KEPA JUNKERA , MANU CHAO , CARLOS NUÑEZ , DIPLOMÁTICOS DE MONMTE ALTO , XOSÉ MANUEL BUDIÑO , ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA ,Xavi sansebastian , E O QUE SE CHE ACORDE .
a súa música foi requerida para diversas campañas publicitarias ( balnearios de Galicia , e apoio á cidadanía nos novos alugueres por parte da Xunta ) , igualmente é parte de diversos recopilatorios . nacións celtas , cantos de mujeres …
nesta a súa trayectoria a artista Mercedes peon , tratou de colaborar en canto acto puidese apoiar o rexeitamento á discriminación das persoas polo seu xénero e pola súa sexualidade , ademáis da súa constante reinvindicación en prol das lenguas minorizadas e das culturas asobaiadas , e proba disto remarcada nos seus sentimentos e pensamentos expresados en moitas das súas cancións ,
Nesta ano solicitanlle facer a banda sonora de Liste pronunciado Lister, longametraxe documental dirixida por Margarida Ledo, e así mesmo é solicitada para facer a música do centro coreográfico galego dirixido neste novo espectáculo por Roberto Oliván.